Mª Cristina Domínguez Dapena (UVIGO)Titulo:
Do adestramento vocal á creación do personaxe. Bases e elementos para a elaboración dunha partitura vocal na escenaDirector:
Carmen Becerra Suárez e Manuel Francisco Vieites GarcíaLiña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
Partindo da premisa de que o/a intérprete escénico debe comezar o seu traballo de creación de personaxe cun adestramento físico e vocal que lle facilite a súa transformación, o obxectivo xeral desta investigación é o de estudar e buscar solucións prácticas que faciliten a transición que un intérprete debe realizar desde o momento que leva a cabo o seu adestramento vocal ate que pon en voz o material textual propio do personaxe que está a crear, e para unha correcta realización do mesmo. Deste obxectivo parten outros específicos. (A) Estudar a incidencia positiva que a realización dun adestramento físico e vocal propio, sempre como paso previo ao proceso da posta en escena, vai ter na creación do personaxe por parte do actor ou actriz. (B)Valorar a realización da partitura vocal como medio necesario para facilitar a creación do personaxe desde o punto de vista vocal, a partir dun tempo e dun texto dados. (C) Considerar a importancia da prosodia en galego dentro da elaboración da partitura vocal. (D) Investigar a relación entre adestramento e creación de partitura vocal. Ao mesmo tempo proponse un modelo de análise textual, partindo na proposta de textos paradigmáticos da literatura dramática galega contemporánea.Entrada no programa:
Data de defensa: 14/09/2022
Acceso: https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/3932
2017-2018Palabras clave:
Partitura, voz, texto, teatro, actrizTraducción:
English